As Neves
6️⃣ Natalia, de Tortoreos: Visión feminina para sector moi masculinizado 💜 A adega Señorío de Rubiós, conta dende hai 2...
Fecha de publicación: 16/03/2026
6️⃣ Natalia, de Tortoreos: Visión feminina para sector moi masculinizado 💜
A adega Señorío de Rubiós, conta dende hai 20 anos co traballo e a visión de Natalia, unha profesional deste sector, historicamente masculino, que comezou como administrativa, logo estivo en exportación, e que hoxe é a súa directora pola súa valía e profesionalidade.
Nai e traballadora, recoñece que neste anos no sector vitivinícola “si que avanzamos, pero queda moito por facer, por avanzar”, especialmente pensando no futuro: “Hai que seguir traballando e loitando”.
Defende nesta cruzada fronte ás desigualdades entre homes e mulleres que “todos os concellos precisan un impulso empresarial e que a conciliación non só depende das mulleres, tamén dos homes”, e insiste en que teñen que “estar máis involucrados na igualdade, na conciliación, na casa...”.
As mulleres das Neves, somos raíz, somos traballo e construímos futuro🌿✊
#8M #MullerRural #AsNeves #Galicia