As Neves
🚧 Adxudicada a reforma do cruce de Setados na PO-400 👉 A Xunta de Galicia vén de adxudicar por un importe de 388.361 €...
Fecha de publicación: 16/03/2026
🚧 Adxudicada a reforma do cruce de Setados na PO-400
👉 A Xunta de Galicia vén de adxudicar por un importe de 388.361 € as obras de mellora do cruce de Setados, unha actuación necesaria para incrementar a seguridade viaria nun dos principais accesos á parroquia.
Os traballos permitirán mellorar a visibilidade e reforzar a seguridade do tráfico, mediante a creación dunha nova intersección con carrís centrais de espera, aceleración e deceleración, facilitando así manobras máis seguras para vehículos e usuarios da vía.
🚘 A actuación inclúe tamén o desprazamento do cruce para garantir mellores condicións de circulación, a ampliación da calzada e a instalación de novo alumeado público na zona.
🤝 Unha intervención importante para seguir avanzando na mellora das infraestruturas viarias e na seguridade da veciñanza de Setados e de todas as persoas usuarias da PO-400.
#AsNeves #ConcelloAsNeves #SeguridadeViaria