As Neves

Comunicaciones

As Neves

7️⃣ Nieves, Santiago de Ribarteme: Sacrificio e paixón polo traballo 💜 Hai 21 anos que Nieves comezou a traballar no ho...

Fecha de publicación: 17/03/2026

7️⃣ Nieves, Santiago de Ribarteme: Sacrificio e paixón polo traballo 💜
Hai 21 anos que Nieves comezou a traballar no hospital. Dende entón, ademais de desenvolver unha profesión tan dura como fermosa, comparte experiencias vitais con propios e estraños.
Conciliar, traballar, ser nai, ter parella, levar un fogar... Toda unha vida de sacrificios aos que hai que engadir que para chegar ao seu posto de traballo fanlle falta un coche, un bus e dúas horas de ida e outras dúas de volta para chegar a casa.
Nai de dúas fillas que quedaban co pai de pequenas cando ela ía ao hospital lembra que leva para casa a dureza dos casos das doentes que atende. E aínda así aconsella aos máis novos, que “pensen e busquen, e se valoren a si mesmos. Que se sintan máis libres sen depender de ninguén”.
As mulleres das Neves, somos raíz, somos traballo e construímos futuro🌿✊
#8M #MullerRural #AsNeves #Galicia