As Neves

Comunicaciones

As Neves

🌍 A Feira do Requeixo e Mel das Neves conquista #Lisboa 🤝 O Concello das Neves levou ata o Centro Galego de Lisboa a p...

Fecha de publicación: 17/03/2026

🌍 A Feira do Requeixo e Mel das Neves conquista #Lisboa
🤝 O Concello das Neves levou ata o Centro Galego de Lisboa a presentación oficial da XXXIII Feira do Requeixo e Mel, nun acto que serviu para impulsar a promoción internacional dun dos eventos gastronómicos máis emblemáticos do noso municipio, recoñecido como #FestadeIntereseTurísticodeGalicia.
Durante o encontro déronse a coñecer os produtos protagonistas da feira e o completo programa de actividades desta edición, que combinará gastronomía, música, tradición e cultura, convertendo As Neves nun punto de encontro imprescindible nas próximas semanas.
Esta acción reforza a proxección exterior da feira e continúa a estreitar lazos coa comunidade galega no exterior, levando o sabor e a identidade das Neves máis alá das nosas fronteiras.
📅 Xa está todo listo… agardámosvos!
#AsNeves #ConcelloAsNeves