As Neves

Comunicacións

As Neves

🚧 Comezan os traballos de asfaltado do vial que conecta Paradela (parroquia de San Cibrán de Ribarteme) co Lugar (parro...

Data de publicación: 18/03/2026

🚧 Comezan os traballos de asfaltado do vial que conecta Paradela (parroquia de San Cibrán de Ribarteme) co Lugar (parroquia de Vide), unha obra moi demandada pola veciñanza.
Esta actuación, cofinanciada pola Deputación de Pontevedra a través do Programa +Provincia, permitirá mellorar o acceso a núcleos de poboación que ata agora contaban con comunicacións máis limitadas, reforzando ademais a seguridade e a accesibilidade da zona. A intervención contribúe tamén á defensa contra os lumes, facilitando o tránsito e a actuación dos servizos de emerxencia.
Seguimos traballando na mellora das infraestructuras municipais e na calidade de vida da nosa veciñanza.
#AsNeves #Obras #ConcelloAsNeves