As Neves
🔟Rosa, San José de Ribarteme: Compromiso e responsabilidade 💜 A vida de Rosa sempre foi intensa. Comezou a traballar d...
Fecha de publicación: 20/03/2026
🔟Rosa, San José de Ribarteme: Compromiso e responsabilidade 💜
A vida de Rosa sempre foi intensa. Comezou a traballar de moi nena e a conciliar con apenas 20 anos. Sempre estivo ligada ao sector sociosanitario e ao coidado de persoas maiores ou con discapacidade. Tanto é así que pasou de coidar ao seu bebé a estar ao coidado da súa nai e á súa tía.
Leva xa 11 anos traballando arreo no SAF, incluso nas etapas nas que reduciu xornada para compaxinar o seu traballo coa súa familia, porque “tes que seguir traballando”.
Á hora de dar consellos, teno claro: “Animo a todas as mulleres de todas as idades, a que fagades cursos e vos formedes. A min costoume moito, quedaba durmida diante do ordenador, pero conseguino”.
As mulleres das Neves, somos raíz, somos traballo e construímos futuro🌿✊
#8M #MullerRural #AsNeves #Galicia