As Neves
🧀🍯 Que mellor forma de quentar motores para a Feira do Requeixo e Mel que cunha actividade especial? O día 27 de marzo...
Fecha de publicación: 20/03/2026
🧀🍯 Que mellor forma de quentar motores para a Feira do Requeixo e Mel que cunha actividade especial?
O día 27 de marzo teremos unha deliciosa cita previa cos sabores máis tradicionais da nosa festa cun showcooking e degustación a cargo do alumnado de Panadería, Repostería e Confeitaría da EFA A Cancela.
Unha oportunidade perfecta para descubrir novas elaboracións, aprender e degustar o noso produto estrela 😋
📍 Mercado Municipal
🗓 Venres 27 de marzo
🕚 11:00 h
🎟 Actividade gratuíta (con inscrición previa no 674 530 276)
#AsNeves #FeiraDoRequeixo #ConcelloAsNeves