As Neves

Comunicacións

As Neves

🌸 As Neves encheráse de cor coa III Xornada da Camelia! O 4 e 5 de abril, o Mercado Municipal acollerá a Mostra e Expos...

Data de publicación: 20/03/2026

🌸 As Neves encheráse de cor coa III Xornada da Camelia!
O 4 e 5 de abril, o Mercado Municipal acollerá a Mostra e Exposición de Camelias, unha cita perfecta para descubrir a beleza dunha das flores máis emblemáticas de Galicia.
Un espazo para desfrutar da natureza, da tradición e do coidado do noso patrimonio floral, nun ambiente aberto a todos os públicos.
Achegádevos a contemplar a variedade, elegancia e colorido das camelias nunha fin de semana pensada para gozar con calma e deixarvos sorprender 🌺
📍 Mercado Municipal de As Neves
🗓 4 e 5 de abril de 2026
⏰ De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
#AsNeves #XornadaCamelia #ConcelloAsNeves