As Neves

Comunicaciones

As Neves

1️⃣1️⃣Rosalina, Taboexa: Valiosa e orgullosa💜 “Síntome orgullosa do que fixen e que sigo facendo”, asegura unha Rosalin...

Fecha de publicación: 23/03/2026

1️⃣1️⃣Rosalina, Taboexa: Valiosa e orgullosa💜
“Síntome orgullosa do que fixen e que sigo facendo”, asegura unha Rosalina que ten tremendamente claras as leccións desta vida. Leva 30 anos de autónoma, empezando desde cero. 18 anos separada, con dúas fillas. “Facíaseme un mundo pero saín adiante, porque son unha todoterreo”.
Sabe que coma no seu caso, nas Neves, hai moitas mulleres “moi valiosas”.
“Sabemos o que facemos. Somos valiosas en todo e non nos podemos quedar atrás” e aspira que as demais sigan a súa maneira de pensar: “A min, aínda me queda moito, por dar e por tomar”.
As mulleres das Neves, somos raíz, somos traballo e construímos futuro🌿✊
#8M #MullerRural #AsNeves #Galicia