As Neves
1️⃣3️⃣ Mari Carme, de Vide: Veteranía e traballo💜 Mari Carme, aínda que naceu en Vigo, é puro ADN de Vide. Dende moi ne...
Data de publicación: 25/03/2026
1️⃣3️⃣ Mari Carme, de Vide: Veteranía e traballo💜
Mari Carme, aínda que naceu en Vigo, é puro ADN de Vide. Dende moi nena acostumouse a non escatimar esforzos e traballos. Primeiro coas ovellas e as cabras no monte, despois vendendo peixe e logo no campo. Pero onde máis tempo estivo foi detrás do seu bar. Case medio século sendo unha peza fundamental da parroquia xunto ao seu marido.
Nesa intensa vida deulle tempo a casar con 22 anos e a sacar adiante a dúas fillas e máis un fillo, como se sacaban antes aos rapaces, con moitos traballos e poucas comodidades.
Di que sempre estivo ben rodeada, da familia e de bos clientes. Mari Carme foi, é e seguirá sendo sempre un exemplo da fortaleza das mulleres de antes e de agora.
As mulleres das Neves, somos raíz, somos traballo e construímos futuro🌿✊
#AsNeves #Mulleres #ConcelloAsNeves