As Neves

Comunicaciones

As Neves

🌼 A ofrenda floral das Mulleres do Requeixo volverá ser un dos actos máis emotivos da programación da Feira do Requeixo...

Fecha de publicación: 25/03/2026

🌼 A ofrenda floral das Mulleres do Requeixo volverá ser un dos actos máis emotivos da programación da Feira do Requeixo e Mel das Neves.
Este acto, que terá lugar o domingo 29 de marzo, ás 17:00 horas, en Cerdeira, rende homenaxe ás mulleres desta parroquia, protagonistas da historia do requeixo, xa que foron elas quenes iniciaron a súa elaboración nas Neves. No ano 2024 instalouse neste lugar unha placa conmemorativa para lembrar a importancia desta tradición e preservar a súa memoria.
🫶🏼 Un encontro para celebrar tradición, historia e identidade arredor dun dos produtos máis representativos do noso municipio, que contará con música en directo a cargo de integrantes da Banda de Música de Rubiós.
🧀🍯 Ao remate do acto haberá degustación de requeixo e mel para todas as persoas asistentes.
#AsNeves #FeiraDoRequeixoEMel #ConcelloAsNeves