As Neves

Comunicaciones

As Neves

🎶 A música galega chega a As Neves da man do programa +Música, da Deputación Pontevedra! O noso concello formará parte...

Fecha de publicación: 25/03/2026

🎶 A música galega chega a As Neves da man do programa +Música, da Deputación Pontevedra!
O noso concello formará parte unha vez máis do programa provincial +Música, unha iniciativa que leva concertos por toda a provincia para apoiar a lingua, a cultura e a música feita en Galicia.
📍 As Neves acollerá o concerto de Luar na Lubre, unha oportunidade perfecta para desfrutar da música en directo sen saír do concello.
📅 Moi pronto coñeceremos a data e horario!
Unha cita cultural para compartir, vivir a música e seguir enchendo As Neves de actividade cultural para toda a veciñanza.
🎵 Agardámosvos!
#AsNeves #ConcelloAsNeves