As Neves

Comunicacións

As Neves

Hoxe, Domingo de Ramos, Cerdeira énchese de memoria, flores e tradición 🌿💐 Na ofrenda floral lembramos ás mulleres do...

Data de publicación: 29/03/2026

Hoxe, Domingo de Ramos, Cerdeira énchese de memoria, flores e tradición 🌿💐
Na ofrenda floral lembramos ás mulleres do Requeixo, mans sabias que, con agarimo e constancia, teceron un legado que aínda hoxe perdura.
Foron elas quen gardaron o saber, quen fixeron do sinxelo un símbolo, quen evitaron que o tempo borrase a nosa esencia.
Gracias a elas, o requeixo segue vivo e As Neves leva con orgullo o nome deste produto artesán único.
Hoxe, máis ca nunca, honramos a súa historia e dicimos gracias 🤍
Gracias tamén a todas as persoas que nos acompañastes neste día tan especial 🤗
E un agradecemento especial a Alejandro de @cparadantacoop, por compartir connosco o sabor desta tradición, ofrecéndonos a degustación do noso querido requeixo.
#requeixo #asneves #cerdeira #ofrendafloral