As Neves
🥾🌿 Así foi a Andaina do Requeixo! Unha xornada perfecta na que o bo tempo acompañou para desfrutar da natureza, do dep...
Fecha de publicación: 30/03/2026
🥾🌿 Así foi a Andaina do Requeixo! Unha xornada perfecta na que o bo tempo acompañou para desfrutar da natureza, do deporte ao aire libre e dun percorrido cheo de paisaxes espectaculares e vistas de auténtico infarto polo noso territorio.
A andaina rematou do mellor xeito posible: cunha deliciosa degustación de requeixo e mel na área recreativa do Pousadouro, un broche perfecto para recuperar forzas e compartir momentos en boa compañía.
🙏 Grazas a todas as persoas participantes por facer desta xornada un éxito e á Cooperativa Condado Paradanta pola colaboración coa degustación.
#AsNeves #FeiraDoRequeixoEMel #ConcelloAsNeves