As Neves
🐝 O CIPC de Taboexa acolleu onte a III Xornada sobre a Vespa Velutina, un encontro informativo no que as persoas asiste...
Fecha de publicación: 31/03/2026
🐝 O CIPC de Taboexa acolleu onte a III Xornada sobre a Vespa Velutina, un encontro informativo no que as persoas asistentes puideron coñecer mellor esta especie invasora, o seu impacto no territorio e as medidas máis eficaces para actuar na súa detección e control.
Durante a xornada compartíronse coñecementos, experiencias e recomendacións prácticas para combater a súa expansión, destacando a importancia da información e da colaboración cidadá na protección do noso medio natural e da apicultura local.
Grazas a todas as persoas participantes por contribuír a facer desta actividade un espazo de aprendizaxe e concienciación colectiva.
#AsNeves #VespaVelutina #ConcelloAsNeves