As Neves
⏰ Hoxe finaliza o prazo para inscribirse no programa “Mellor Acompañad@” de Amigos de Galicia, unha iniciativa pensada p...
Fecha de publicación: 31/03/2026
⏰ Hoxe finaliza o prazo para inscribirse no programa “Mellor Acompañad@” de Amigos de Galicia, unha iniciativa pensada para persoas maiores de 60 anos que queren aprender, compartir e gañar autonomía no uso das novas tecnoloxías no seu día a día.
📱 Unha oportunidade para aprender a usar o móbil, pedir citas médicas, empregar a app do Sergas e Chave 365, utilizar caixeiros automáticos ou realizar trámites dixitais de forma sinxela e acompañada.
📅 6, 8, 9 e 10 de abril
🕙 De 10:00 a 12:30 h
📍 Mercado Municipal
📝 Inscrición gratuíta en Servizos Sociais ou nos teléfonos:
📞 986 667 134 / 674 53 02 76
Aínda estás a tempo… non deixes pasar esta oportunidade!
#AsNeves #ConcelloAsNeves