As Neves

Comunicaciones

As Neves

👨‍👩‍👧‍👦 A Deputación Pontevedra pon en marcha unha nova edición do programa 'Lecer en Familia', unha iniciativa pens...

Fecha de publicación: 01/04/2026

👨‍👩‍👧‍👦 A Deputación Pontevedra pon en marcha unha nova edición do programa 'Lecer en Familia', unha iniciativa pensada para favorecer a convivencia familiar e o ocio saudable a través de escapadas en establecementos da provincia.
🏨 Estancias dunha noite en fins de semana ou períodos non lectivos en hoteis, balnearios, talasos e spas da provincia, en réxime de media pensión e con actividades de animación sociocultural incluídas.
👨‍👩‍👧 Dirixido a unidades familiares con menores a cargo empadroadas na provincia de Pontevedra.
📅 Prazo de solicitude: do 1 ao 15 de abril de 2026
💻 Solicitudes preferentemente por vía electrónica a través do formulario oficial.
Unha oportunidade perfecta para compartir tempo en familia, descansar e desfrutar da provincia dun xeito diferente 💙
ℹ️ Máis información en www.depo.gal ou no teléfono 986 804 100
#AsNeves #ConcelloAsNeves