As Neves

Comunicacións

As Neves

🗣️ Nesta XXXIII Feira do Requeixo e Mel tivemos a honra de contar cunha pregoeira excepcional: Teresa Portela, referent...

Data de publicación: 03/04/2026

🗣️ Nesta XXXIII Feira do Requeixo e Mel tivemos a honra de contar cunha pregoeira excepcional: Teresa Portela, referente do deporte galego e exemplo de constancia, superación e compromiso.
As súas palabras emocionaron ao público e marcaron o inicio oficial dos días grandes da nosa feira, enchendo As Neves de orgullo, ilusión e sentimento compartido.
Un pregón que nos lembra que, igual que no deporte, o éxito constrúese co esforzo diario, coa paixón e co amor polas raíces.
💛 Gracias, Teresa, por formar xa parte da historia da nosa feira.
#AsNeves #FeiraDoRequeixoEMel #ConcelloAsNeves