As Neves

Comunicaciones

As Neves

🚴‍♂️🔥 As Neves, punto de saída da quinta e última etapa de O Gran Camiño Cycling! Recordade que o sábado 18 a quinta e...

Fecha de publicación: 10/04/2026

🚴‍♂️🔥 As Neves, punto de saída da quinta e última etapa de O Gran Camiño Cycling!
Recordade que o sábado 18 a quinta etapa de O Gran Camiño arrancará dende a Praza Maior das Neves ás 13:25 h, convertendo o noso concello no epicentro do ciclismo internacional.
🚵🏼 Compartimos o perfil da etapa para que poidades coñecer todos os detalles dun percorrido que promete emoción e espectáculo.
Animamos a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse e vivir en directo esta gran saída, nunha xornada que, sen dúbida, será inesquecible 🚴‍♀️
#AsNeves #OGranCamiño #Ciclismo #ConcelloAsNeves