As Neves

Comunicaciones

As Neves

🚧🚌 AVISOS IMPORTANTE DE TRÁFICO – SÁBADO 18 🚴‍♂️ Con motivo da saída da última etapa de O Gran Camiño dende As Neves,...

Fecha de publicación: 17/04/2026

🚧🚌 AVISOS IMPORTANTE DE TRÁFICO – SÁBADO 18 🚴‍♂️
Con motivo da saída da última etapa de O Gran Camiño dende As Neves, produciranse modificacións puntuais na circulación e no servizo de autobuses.
➡️ A parada habitual de autobús no STOP da circunvalación quedará temporalmente trasladada á PO-400, á altura da rotonda (debidamente sinalizada), nos seguintes horarios:
🕘 Arbo – As Neves – Ponteareas: 9:25, 11:25, 12:15 e 13:30
🕙 Ponteareas – As Neves – Arbo: 10:25, 11:25 e 13:25
👉 O resto de paradas, incluída a da Praza do Mercado, mantéñense sen cambios.
👉 Os autobuses desviaranse pola estrada da Estación.
🚗 Zonas afectadas polo evento (onde estarán aparcados os equipos participantes):
• Circunvalación (zona cortada)
• Rúa Doutor Rodríguez Martínez
• Aparcamento do colexio
• Eira da Liñaza (zona de equipos)
🅿️ Zonas de aparcamento:
• Subida Caíña
• Complexo deportivo
• Aparcamento público circunvalación
• Toda a circunvalación ata a baixada á carretera da Estación estará aberta ao tráfico e poderase aparcar
🕐 A saída da etapa será ás 13:25 h dende a Praza Maior, e unha vez iniciada restablecerase o tráfico con normalidade.
🙏 Rogamos máxima colaboración e comprensión para garantir o bo desenvolvemento do evento.
📍 Consulta todos os detalles no plano adxunto.