As Neves
🚴♂️ O alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, e a concelleira de Deportes, Ana Durán, asistiron á presentación oficial...
Fecha de publicación: 23/04/2026
🚴♂️ O alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, e a concelleira de Deportes, Ana Durán, asistiron á presentación oficial da Sestelo - Clásica Álvaro Pino, celebrada no Concello de Ponteareas.
Unha cita moi especial que, ademais, coincide cunha data histórica: o 22 de abril cumpríronse 40 anos do inicio da Vuelta a España que coroaría a Álvaro Pino como gañador. Un fito inesquecible para o ciclismo galego 👏
📅 A proba celebrarase o 24 de maio e, un ano máis, As Neves será un paso imprescindible no seu percorrido, combinando natureza, tradición e paixón polo ciclismo.
Se queres formar parte desta experiencia… aínda estás a tempo!
👉 Inscricións abertas: https://magmasports.es/…/e…/sestelo-clasica-alvaro-pino-2026
#AsNeves #Ciclismo #SesteloClasicaAlvaroPino