As Neves
🚧 Hoxe é un día importante para As Neves! Dan comezo as obras de reforma do cruce de Setados na PO-400, unha actuación...
Data de publicación: 04/05/2026
🚧 Hoxe é un día importante para As Neves!
Dan comezo as obras de reforma do cruce de Setados na PO-400, unha actuación moi demandada pola nosa veciñanza que contará cun investimento de 388.361€, financiado pola Xunta de Galicia 💶
Esta intervención supón un paso adiante fundamental para mellorar a seguridade viaria e a circulación nun punto clave do municipio. Durante moito tempo, este cruce foi motivo de preocupación, polo que esta obra responde a unha necesidade real e histórica da poboación.
Seguimos avanzando con actuacións que melloran o día a día de todos e todas 🤝✨
Seguimos traballando para mellorar o noso Concello!